Documentación a presentar para a tramitación da alta como colexiado/da no COEQGa.
Documentación a presentar obligatoriamente:
- Formulario de alta, debidamente cumplimentado.
- Fotocopia compulsada do DNI ou Pasaporte (o presentar orixinal e fotocopia).
- Fotocopia compulsada do título universitario ou certificación equivalente
- Formulario de autorización de domiciliación bancaria das cuotas de colexiación debidamente cumplimentado e asinado.
Asimesmo, únicamente nos casos tasados, haberá de presentarse ademiás:
- Informe de Vida Laboral: a presentar únicamente no caso de poder acollerse á reducción da cuota anual*. Solicitude online p. exemplo a través da Oficina Virtual Da Seguridade Social
- Certificación do Colexio de orixe: a presentar únicamente no caso de acollerse o no art.12 dos vixentes estatutos:
(…) Quen pretenda incorporarse ao colexio estando colexiado nun ámbito territorial diferente, deberá presentar certificado do colexio de orixe, no cal constará que está ao día das súas obrigas colexiais e que non está suspendido ou inhabilitado para o exercicio profesional como consecuencia dunha sanción colexial. (…)
Esta documentación deberá ser remitida ao COEQGa por calqueira das seguientes vías:
- Correo postal, dirixido ao COEQGa – ETSE, Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).
- Persoalmente, no D.1.6 de la ETSE en horario de 09.00 a 13.00 h.
CUOTAS DE COLEXIACIÓN:
Segundo o sistema de cuotas vixente, establecense 2 tipos de cuota:
CUOTA DE ALTA: Aquela a satisfacer únicamente no momento de darse de alta como colexiado/da. Distinguense 2 supostos:
- Cuota de Alta actual sen exención: 28 €
- Exención: Titulación en Enxenería Química hai menos de 6 meses
CUOTA ANUAL: Aquela a satisfacer anualmente polos colexiados/das. Distinguense varios supostos:
- Cuota Anual Base: 92 €
- Cuota Anual Reducida Desempregados*: 70 €
- Cuota Fraccionada (novos colexiados)**:
- – Alta no 2º trimestre: 69 €
- – Alta no 3º trimestre: 46 €
- – Alta no 4º trimestre: 23 €
* Poderán acollerse a esta reducción aquelas persoas que estiveran máis de 6 meses en situación de desemprego no ano precedente ó pago da cuota e o xustifiquen debidamente mediante Informe de Vida Laboral ou un certificado afín.
** As persoas que estiveran máis de 6 meses en situación de desemprego no ano precedente ó pago da cuota e o xustifiquen debidamente mediante Informe de Vida Laboral ou un certificado afín aplicaráselle a cuota fraccionada sobre a cuota anual reducida.
PROCEDEMENTO DE PRECOLEXIACIÓN
Documentación a presentar para a tramitación da alta como precolexiado/a no COEQGa.
Documentación a presentar obligatoriamente:
- Formulario de alta debidamente cumplimentado
- Fotocopia compulsada do DNI ou Pasaporte (o presentar orixinal e fotocopia).
- Fotocopia do resgardo da matrícula.
Esta documentación deberá ser remitida ao COEQGa por cualquera das seguintes vías:
- Correo postal, dirixido ao COEQGa – ETSE, Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).
- Persoalmente, no D.1.6 de la ETSE en horario de 10.00 a 13.00 h.
CUOTAS DE PRECOLEXIACIÓN:
Segundo o sistema de cuotas vixente, abonaráse unha cuota de pago único de 20 € mediante ingreso bancario na conta do COEQGa, indicando como concepto “precolexiado + nome”.
PROCEDEMENTO DE BAIXA:
Solicitude de baixa, debidamente cumplimentada.