Neste momento estás a ver Primeira Edición do Premio Fundación Talgo á Excelencia Profesional na muller Enxeñeira

Este Premio, novedoso en España e dotado de 25.000€, ten como obxectivo contribuir a superar a barreira da desigualdade social existente entre homes e mulleres, así como fomentar e valorar a relevancia e importancia da muller tanto na Enxeñaría, como na Industria, recoñecendo tamén o seu traballo e dedicación. Por conseguinte, o galardón está dirixido a aquelas mulleres de referencia que pola súa traxectoria universitaria e profesional, conseguiron grandes logros e/ou recoñecementos na empresa ou organización pola súa traxectoria profesional no eido da Enxeñaría en empresas, institucións ou organizacións públicas ou privadas.

O xurado estará composto por un elenco de personalidades, sendo este formado na súa maioría por mulleres de recoñecido prestixio no eido social e empresarial.

As candidaturas deberán presentarse na Secretaría do Premio antes do 14 de marzo de 2019 tal e como se indica na cláusula quinta das bases.

Máis información:

Bases