O COEQGa, seguindo o establecido nos estatutos do Colexio, procede a convocar elecciones a Xunta de Goberno.
A Xunta de Goberno debe estar integrada por un presidente ou presidenta, un secretario ou secretaria, un tesoreiro uo tesoreira e un número de vogais entre dous e catro. Adicionalmente pódense incorporar un vicepresidente ou vicepresidenta, un vicesecretario ou vicesecretaria e un vicetesoreiro ou vicetesoreira.
As candidaturas aos cargos de Xunta de Goberno preséntanse en listas pechadas, que serán votadas globalmente. Ditas candidaturas deberán presentarse por escrito con firma dixital do candidato na dirección de correo electrónico do COEQGa dende maña, día 10, ata o 22 de febreiro, e deberán incluir os candidatos para cada cargo.
A votación da Xunta de Goberno levarase a cabo na Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o sábado 5 de marzo na plataforma dixital Zoom.