Neste momento estás a ver O COEQGa asinou un acordo de colaboración coa empresa carballesa donCLIC

O pasado sábado 18 de xaneiro o Colexio Oficial de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia (COEQGa) asinou en Carballo un acordo de colaboración con donCLIC Soluciones Tecnológicas S.L.

Mediante este acordo, donCLIC ofreceu unhas condicións vantaxosas para o redeseño da páxina web do COEQGa e a elaboración de carnés identificativos a todos os colexiados, co obxectivo de mostrar unha imaxe actual e renovada. Esta empresa con sede en Carballo estará presente o día 15 de febreiro no acto EQDay organizado polo Colexio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, encargándose da entrega dos carnés entre os colexiados asistentes.

Na foto: Carlos Pena, secretario do COEQGa e Eva Villar, en representación de donCLIC