Neste momento estás a ver O COEQGa acompañou aos novos graduados e graduadas nun día tan especial. ¡Parabéns!

A Universidade de Santiago de  Compostela celebrou o pasado mes de  xullo os actos de fin de grao de dúas das promocións do Grao de Enxeñaría Química, a IX e a VIII. Os eventos celebráronse  no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). A súa directora —Julia González— inaugurou os discursos da cerimonia e Adrián Carpente falou en representación dos novos enxeñeiros químicos, que elixiron como madriña da súa promoción á profesora Marta Carballa. A VIII Promoción do Grao en Enxeñaría Química tivo que pospoñer o seu Acto de Graduación ata este ano por mor da situación da pandemia no 2020.

O Colexio quiso acompañalos nun día tan especial e celebrar con eles o fin dunha etapa e o comenzo dunha nova, desexándolles o mellor no seu inicio profesional.