Neste momento estás a ver Nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia

O pasado sábado, 30 de marzo, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria do COEQGa, na que se aprobou o orzamento para o ano 2019. Tras a Asemblea Ordinaria tivo lugar a correspondente Asemblea Extraordinaria a efectos da elección da nova Xunta de Goberno. Resultou elexida a candidatura presidida por Andrea Fernández e da cal forman parte nos distintos cargos os seguintes colexiados:

Vicepresidente: Jorge Cruz García
Secretario: Carlos Pena Puga
Tesoureira:Rocío López Conde
Vogal: Antón Bautista Villanueva
Vogal: Jacobo Bouzada Rodríguez

COEQGA
Jorge Cruz, Andrea Fernández e Carlos Pena

Desta forma iníciase un novo proxecto colexial cuxas prioridades centraranse no recoñecemento das atribucións dos/as Enxeñeiros/as Químicos/as como profesión regulada en España, a apertura do Colexio ao sector privado e a mellora dos servizos colexiales, entre eles, un incremento na oferta formativa.