O COEQGa organiza un curso de peritaxe xudicial, Obligaciones del perito, informe pericial y defensa del dictamen, en formato online impartido pola Asociación de Peritos de Seguros y Comisarios de Averías (APCAS) a través da súa plataforma de formación, que terá lugar do 15 ao 28 de novembro con dúas sesións de seminarios web os días 19 e 24, de 16.30 a 18.30 horas.
Durante as dúas semanas do curso, os alumnos terán á súa disposición, a través da plataforma de formación, os manuais de formación, os foros onde poderán facer preguntas ou dúbidas ao orador, os exercicios prácticos e o acceso ás salas de seminarios web. Ao finalizar, APCAS emitirá un diploma acreditativo a cada estudante.
O precio da inscrición para colexiados é de 45 € e 75 € para non colexiados.