Skip to main content

Workshop “Novos materiais para o deseño e a innovación”

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 29 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) o workshop “Novos materiais para o deseño e a innovación”.
A xornada comezará cunha sesión de presentación dalgúns dos principais avances dos centros de coñecemento galegos no ámbito dos novos materiais. O obxectivo é difundir os resultados destes proxectos para facilitar a súa transferencia á industria a través do traballo dos profesionais do deseño.

O workshop completarase cun taller práctico limitado á participación de 30 persoas. Nel aplicaranse metodoloxías innovadoras para xerar oportunidades de innovación con base na habilidade dos profesionais do deseño para aplicar novos materiais en sectores para os que inicialmente non foran concibidos. Será impartido por Material ConneXion Bilbao, o maior centro internacional especializado en materiais innovadores e procesos de transformación.

O encontro, que se desenvolve en horario de mañá e tarde, forma parte do conxunto de accións contempladas no Programa de Deseño para a Innovación 2020.

Os destinatarios do encontro son os/as deseñadores/as de todos os ámbitos, investigadores/as e tecnólogos/as do campo dos novos materiais, estudantes de deseño e representantes de empresas e outras entidades interesadas no deseño como panca da innovación.

Lugar: CIS Galicia, Ferrol
Data: 29 de novembro de 2018
Hora: 09:30 h – 18:00 h

Toda a información en http://gain.xunta.gal/eventos/250/workshop