Skip to main content

Ciclo de Conferencias "Desafíos e oportunidades da Nanotecnoloxía"

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) xunto coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organiza este ciclo de conferencias que terá lugar en Santiago de Compostela os días 20, 21, 22 e 23 de novembro ás 19,00 horas.

O ciclo está dirixido a estudantes de grado, máster, doutoramento, investigadores, profesionais e directivos de empresas e organizacións públicas interesadas na importancia da nanotecnoloxía tanto na ciencia como en economía, mostrando unha visión das súas múltiples aplicacións industriais, así como para o público en xeral.

Nos últimos anos, as nanotecnoloxías demostraron ser unha ferramenta poderosa para abordar novos desafíos científicos e desenvolvementos tecnolóxicos que, sen dúbida, afectarán a moitas áreas da nosa vida, por mor do seu carácter horizontal e multidisciplinar.

A inscrición será gratuita e farase vía telemática cumplimentando o formulario que aparecerá na web da Academia, www.ragc.gal. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de novembro ás 13:00 horas. As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.

Toda a información dispoñible aquí.