Skip to main content

Curso presencial "ISO9001-ISO14001 V.2015" organizado polo COEQGa

O COEQGa organiza o curso "ISO9001-ISO14001 V.2015" que terá lugar os días 29 e 30 de setembro; en Santiago de Compostela.

Trátase dunha formación cuxo obxectivo principal é coñecer en detalle os principais cambios introducidos polas versións 2015 das normas ISO 9001 e ISO 14001. Ademais, traballarase coa implantación destes cambios. Para iso realizaranse casos prácticos Xenéricos así como outros que poidan suscitar os/as asistentes.

O curso será impartido por Rocío López, Enxeñeira Química e Auditora para entidades certificadoras.

Máis información:
Folleto curso