Skip to main content

Concurso de Innovación "Programa INNOVA BIOMASA"

Biomasa Forestal, empresa galega dedicada á fabricación de pélet, está organizando o primeiro concurso de Innovación do sector da biomasa no ámbito da Industria 4.0.

O programa INNOVA BIOMASA ten como obxectivo impulsar e desenvolver proxectos no sector do pélet, con foco na mellora dos procesos produtivos e da experiencia do consumidor con todas as marcas de Biomasa Forestal. O gañador deste concurso obterá como premio un contrato laboral de 6 meses, no que poderá probar o seu piloto na fábrica de pélet con maior capacidade de España.

Todos os detalles da convocatoria están dispoñibles no seguinte enlace:
http://www.bioforestal.es/innova-biomasa/