Skip to main content

Últimos días para inscribirse no curso de Prevención de Riscos Laborais

O COEQGa organiza un curso de Prevención de Riscos Laborais que terá lugar os días 30 de xuño, 1, 7 e 8 de xullo;en Santiago de Compostela.

Trátase dun curso elaborado de acordo co RD 39/1997, que aproba o Reglamento dos Servizos de Prevención de Riscos Laborais, e que consta de 50 horas, das cales 25 son presencias e as outras 25 son a distancia. O obxectivo é proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención e os coñecementos que os capaciten para xestionar as actividades de recurso preventivo nas súas propias empresas ou centros de traballo.

O curso o impartirá a empresa Unipresalud e obterase un certificado que acredite a realización deste recurso preventivo homologado.

Máis información:
Folleto curso