A asociación ISA-USC organizou un novo curso,ATEX, instalaciones en atmósferas explosivas" que terá lugar os días 20 e 21 de abril.
Este curso ten como obxectivo específico a introdución do alumno de últimos cursos e posgrao no coñecemento da clasificación ATEX de emprazamentos con risco de explosión ou incendio, así como os medios de protección e a Directiva vixente. Como obxectivo máis xeral está o fomento do asociacionismo estudantil con fins científico-técnicos,
como medio de adquisición e difusión do coñecemento no campo da automatización e monitorización de procesos químicos e o establecemento de relacións co mundo profesional.
Data: Venres 20 de abril de 2012, tarde de 18:00h a 19:30h e de 20:00h a 21:30h e Sábado 21 de marzo de 2012, mañá de 8:45h a 14:00h.
Lugar: Salón de Actos dde a Escouela Técnica Superior de Enxeñería.
Profesor: D. José María Amezaga Enxeñeiro industrial pola Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao e experto
en instalacións ATEX. É vocal, como experto, dos grupos de traballo e comités técnicos CENELEC e IEC.
Prazo de inscrición: Ata o 29 de marzo de 2012.
