Skip to main content

Máster Oficial en Contaminación Industrial: Evaluación, Prevención y Control

A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo impartirá durante o próximo curso 2011-2012 o Máster Oficial en Contaminación Industrial: Evaluación, Prevención y Control.

A crecente preocupación pola mellora dos aspectos ambientais no sector industrial ha dado lugar a unha importante demanda de profesionais especializados na optimización dos procesos produtivos e na xestión dos residuos de acordo aos principios de minimización, reutilización e reciclaxe.

As normativas europeas e nacionais na protección do medio ambiente han obrigado á toma de medidas no sector industrial encamiñadas á mitigación dos impactos desfavorables no medio e favorecer o desenvolvemento de sectores industriais e tecnolóxicos relacionados coa contaminación industrial.

Co propósito de formar especialistas na xestión de residuos industriais e na minimización do impacto ecolóxico das actividades industriais, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais ofrece este Máster como oferta específica de formación no campo da actividade industrial e o medio ambiente.

Programa