Skip to main content

Juan M. Lema Rodicio, medalla de ouro de Enxeñaría Química 2010 da Universidade de Valladolid

O Prof. Juan M. Lema Rodicio, Presidente de Coddiq, recibiu a medalla de ouro de Enxeñaría Química 2010 da Universidade de Valladolid. O Departamento de Enxeñaría Química fundamenta a súa decisión na súa colaboración na transformación dun Departamento tradicional nunha Escola moderna con amplo recoñecemento no campo da IQ e por servir como núcleo de cristalización e posteriormente de catalizador da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química (CODDIQ), que xogou un importante papel na consecución do máster en Enxeñaría Química.

O COEQGa quere expresar publicamente a súa noraboa ao Prof. Lema por este recoñecemento e sumámosnos totalmente ás razóns que lle levaron a ser merecedor deste premio, pois está claro que a Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela non existiría se non fóra pola súa dedicación e entusiasmo.