A calidade converteuse nunha ferramenta básica de xestión e imaxe dentro das modernas empresas. Sen embargo o traballo de xestores e auditores debe ser respaldado por un organigrama organizativo comprometido co sistema, que sexa quen de empregalo, alimentalo de información e sacar beneficios do mesmo.
Dende o COEQGa, conscientes da importancia que ten a formación en ámbitos coma a calidade, organizouse un curso básico dirixido a estudantes de 4º e 5º curso, recén titulados e profesionais non familiarizados con entornos de xestión de acordo coa norma ISO 9001.