Skip to main content

Xornada de Expoquimia "Científicas diseñando el futuro químico"

O ano 2011 foi declarado pola UNESCO Ano Internacional da Química con motivo, entre outras razóns, do centenario do Premio Nobel outorgado a Marie Curie –Marja Sklodowska– polos seus aportes á Química. O que resulta menos coñecido é que, aproveitando o valor simbólico da figura de Madame Curie, posuidora de dous premios Nobel e unha das persoas dedicadas á ciencia máis importantes da historia, 2011 foi elixido, tamén, como Ano Internacional das Mulleres Científicas.

I Congreso de Innovación Docente en Ingeniería Química

Os días 26 e 27 de xaneiro de 2012 terá lugar en Granada o I Congreso de Innovación Docente en Ingeniería Química. O congreso, organizado pola Universidade de Granada e a Conferencia de Directores y Decanos de Ingeniería Química (CODDIQ), terá como obxectivo impulsar o intercambio de experiencias no ámbito da Enxeñaría Química que permita mellorar a docencia e a investigación no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Toda a información do congreso está dispoñible na páxina web do evento:

Xornada: Los Reglamentos REACH y CLP sobre sustncias y mezclas– Implicaciones en la Gestión del Riesgo Químico

Data: 23 de novembre de 2011
Hora: 17:00h-20:00h
Lugar: CEP (Avda. García Barbón, 104 - VIGO)

PROGRAMA:
http://www.cep.es/webSite/index.php

Información e inscricións:

CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA - DEPARTAMENTO DE PREVENCIÓN
Tel.: 986 43 96 11 - Fax: 986 43 48 22
prevencion@cep.es - www.cep.es

Curso "Técnico en Sistemas de Gestión Ambiental" organizado polo COEQGa

A xestión ambiental é actualmente a ferramenta utilizada nas empresas para equilibrar a súa actividade coa protección e conservación do medio ambiente. As esixencias da xestión ambiental poden ser satisfeitas mediante a implantación dun sistema de xestión ambiental, a realización dunha auditoría interna eficaz e posterior certificación de forma que a operativa ambiental da empresa é incuestionable.

Entidades colaboradoras

Entidades colaboradoras


Convenios














 

Distribuir contido