O acto de toma de posesión do Prof. Dr. Juan José Casares Long como Reitor Magnífico da Universidade e do seu Equipo, a desenvolver o próximo 25 de xuño ás 12 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, será emitido en directo por internet a través da nova canle USC-TV (apartado de directos: http://tv.usc.es/directo). Poderase acceder tamén a través da páxina principal da web institucional
(http://www.usc.es), así como con posterioridade, xa en diferido, a través da categoría de actos Institucionais da devandita canle USC-TV.