A Confederación de Empresarios de La Coruña continua coa iniciativa para o fomento de postos de traballo saudables nas nosas empresas, coa celebración o vindeiro venres 26 de outubro dunha xornada baixo o título: Receitas para o fomento de postos de traballo saudables.
Esta xornada ten como obxectivo facilitar propostas, ideas e fórmulas que contribúan á promoción de postos de traballo saudables nas nosas empresas.
Apostar por unha empres saudable é apostar por unha empresa sostible.
A inscrición é gratuita pero prégase confirmación de asistencia.