Skip to main content

Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria do COEQGa

O vindeiro día 12 de marzo o COEQGa celebrará as Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda para a Asemblea Ordinaria e ás 11.30 horas en primeira convocatoria e ás 12.00 horas en segunda para a Asemblea Extraordinaria.

Terá lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo, en Santiago de Compostela.

Seminario "El biogás en Galicia"

A Fundación Gas Natural Fenosa e a Xunta de Galicia organizan unha xornada sobre biogás que terá lugar o vindeiro 20 de xaneiro no Hotel AC Palacio do Carmen, en Santiago de Compostela.

A participación é gratuita, previa inscrición, ata completar o aforo da sala.

I Foro de Seguridade Industrial de Galicia

O I Foro de Seguridade Industrial de Galicia organízao a Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados (ASGOCA) en colaboración coa CEC para o impulso da seguridade industrial.

O acto, que se celebrará o vindeiro xoves 10 de decembro na Sede da CEG (Santiago de Compostela), recolle a visión dos distintos axentes involucrados na seguridade industrial (administracións públicas, colexios profesionais e organizacións empresariais) e finalizará coa entrega do Premio de Seguridade Industrial de Galicia na súa terceira edición.

(Eco)xornadas e concurso Enxeñería Verde

"Non pode resolverse un problema pensando do mesmo xeito que cando foi creado" Albert Einstein

Entre hoxe e mañá celébranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC unhas Eco-xornadas nas cales vanse a tratar temas interesantes sobre medioambiente. É de acceso libre e totalmente gratuito.

Programa das xornadas

A información relativa tanto ás (eco)Xornadas como do concurso:

- Páxina web: www.innovarenverde.com
- Perfil de facebook: www.facebook.es/EnVerde

Entidades colaboradoras

Entidades colaboradoras


Convenios

















 

Distribuir contido