Skip to main content

A Xunta explica en Vigo o mapa de apoios á innovación a empresas de enxeñaría, consultoría e servizos tecnolóxicos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na Tribuna da Asociación Galega de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco), un encontro en Vigo cunha decena de empresas deste ámbito. Na reunión, Argerey expuxo as principais liñas de apoio á innovación en Galicia, ao tempo que recolleu as principais demandas e inquedanzas do sector. Na xuntanza participou tamén o presidente de Ageinco, Fernando López Mera.

Curso presencial de Peritaxe Xudicial organizado polo COEQGa

O Colexio organizou un curso presencial de Peritaxe Xudicial que terá lugar o venres 9 de marzo, de 17h a 21h, en Santiago de Compostela.

Trátase dun curso cuxo obxectivo principal é coñecer as funcións e responsabilidades dun perito e os aspectos prácticos dunha peritaxe xudicial.

Máis información:
Folleto curso

Curso Presencial de Peritaxe Xudicial

O COEQGa organizou un curso presencial de Peritaxe Xudicial que terá lugar o venres 9 de marzo, de 17h a 21h, en Santiago de Compostela.

Trátase dun curso cuxo obxectivo principal é coñecer as funcións e responsabilidades dun perito e os aspectos prácticos dunha peritaxe xudicial.

Folleto informativo do curso

Ciclo de Conferencias "Desafíos e oportunidades da Nanotecnoloxía"

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) xunto coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organiza este ciclo de conferencias que terá lugar en Santiago de Compostela os días 20, 21, 22 e 23 de novembro ás 19,00 horas.

O ciclo está dirixido a estudantes de grado, máster, doutoramento, investigadores, profesionais e directivos de empresas e organizacións públicas interesadas na importancia da nanotecnoloxía tanto na ciencia como en economía, mostrando unha visión das súas múltiples aplicacións industriais, así como para o público en xeral.

Entidades colaboradoras

Entidades colaboradoras


Convenios

















 

Distribuir contido