Documentación a presentar para a tramitación da alta como colexiado/a no COEQGa.
Documentación a presentar obligatoriamente:
- Formulario de alta, debidamente cumplimentado. (descargar aquí)
- Fotocopia compulsada do DNI ou Pasaporte.
- Fotocopia compulsada do título universitario ou certificación equivalente.
- Formulario de autorización de domiciliación bancaria das cuotas de colexiación debidamente cumprimentado e firmado. (descargar aquí)
Asimesmo, únicamente nos casos taxados, haberá de presentarse ademáis:
- Informe de Vida Laboral: a presentar únicamente no caso de poder acollerse á reducción da cuota anual*. Solicitude online p. exemplo a través da Oficina Virtual Da Seguridade Social
- Certificación do Colexio de orixe: a presentar únicamente no caso de acollerse o no art.12 dos vixentes estatutos:
(…) Quen pretenda incorporarse ao colexio estando colexiado nun ámbito territorial diferente, deberá presentar certificado do colexio de orixe, no cal constará que está ao día das súas obrigas colexiais e que non está suspendido ou inhabilitado para o exercicio profesional como consecuencia dunha sanción colexial. (…)
Esta documentación deberá ser remitida ao COEQGa por calqueira das seguintes vías:
- Correo postal, ao Apartado de Correos 390 - 15780, Santiago de Compostela.
- Correo postal, dirixido ao COEQGa - ETSE, Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15782, Santiago de Compostela.
- Persoalmente, no D.2.7 da ETSE en horario de 09.00 a 13.00 h.
CUOTAS DE COLEXIACIÓN:
Segundo o sistema de cuotas vixente, establécense 2 tipos de cuota:
CUOTA DE ALTA: Aquela a satisfacer únicamente no momento de darse de alta como colexiado/a. Distínguense 2 supostos:
- Cuota de Alta actual sen exención: 28 €
- Exención: Titulación en Enxeñería Química hai menos de 6 meses
CUOTA ANUAL: Aquela a satisfacer anualmente polos colexiados/as. Distínguense 2 supostos:
- Cuota Anual Base: 92 €
- Cuota Anual Reducida Desempregados*: 70 €
* Poderán acollerse a esta reducción aquelas persoas que estiveran máis de 6 meses en situación de desemprego no ano precedente ó pago da cuota e o xustifiquen debidamente mediante Informe de Vida Laboral.
